O noso centro, o noso lar...

O CENTRO DE DÍA DE BEGONTE atende a persoas dos concellos de Begonte, Friol, Rábade, Vilalba e Outeiro de Rei (nalgunha ocasión ata atendimos a lucenses e guitirecenses).

Está situado en Baamonde e iso sempre leva a confusión: cando a xente quere vir a vernos ás veces acaba en Begonte ou cando chaman por teléfono pensan que se equivocaron porque queren falar co centro de Baamonde.

É un centro moi familiar, onde as cousas se fan e se falan de maneira natural e distendida. Unha das nosas máximas sempre foi o sentido do humor no día a día e sobre todo coa finalidade de transmitirllo ás persoas usuarias, xa que non hai mellor terapia que un sorriso.

Ás veces broméase con que a este centro so veñen os guapos/as pero a realidade é que os que veñen son os festeiros/as...e os que non o son, acaban sendoo. Cantar, bailar, bromear e rir son parte da vida cotiá do centro e se algo non sae ben somos moito de tirar do MALO SERÁ!

TRABALLADORA SOCIAL/COORDINADORA (Ana López Pardo)

TERAPEUTA OCUPACIONAL (Sonia López Díaz)

PSICÓLOGA (Marina García Figueiras)

XEROCULTORA (Inmaculada Roibás Pereira)

XEROCULTORA (Mª José Corral Novo)

XEROCULTORA (Felisa Broz Teijeiro)

XEROCULTORA (Nerea Díaz Freire)

XEROCULTORA (Mª José Gómez Expósito)

A nosa equipa de traballo.... moi marchosas